2/9/10

O Concello do Porriño convoca o IV Concurso Fotográfico "As Festas do Cristo 2010"

As Concellerías de Cultura e de Xuventude do Concello do Porriño, a través do Arquivo Municipal da Imaxe e da Oficina de Información Xuvenil (O.M.I.X.), veñen de convocar o IV Concurso Fotográfico "As Festas do Cristo 2010".

As persoas que participen deberán plasmar a súa visión sobre o acontecemento festivo máis importante da vila do Louro. Este ano haberá un primeiro premio dotado con 300 €, un segundo de 200 €, e un terceiro de 100€. Cada participante poderá presentar un máximo de cinco traballos en papel fotográfico e nun tamaño entre 18-20 x 24-25 cm. antes do 15 de outubro de 2010. Un xurado formado por varias persoas do ámbito da Fotografía e das Artes Plásticas será quen decida cales son as mellores imaxes. con este concurso a organización quere poñer en valor os aspectos etnográficos, culturais e sociais relacionados coas festas locais a través da linguaxe fotográfica.
Se queredes ver as fotografías presentadas a concurso na pasada edición clicade aquí:
http://www.arquivodaimaxedoporrino.net/concurso_cristo/fs_aux.html

 BASES:


Dentro das actividades que se inclúen na programación das Festas do Cristo do Porriño 2010 as Concellerías de Cultura e de Xuventude do Concello do Porriño, a través do Arquivo Municipal da Imaxe e da Oficina de Información Xuvenil (O.M.I.X.), convocan a 4ª edición do concurso fotográfico “As festas do Cristo”:
1           TEMÁTICA:
As fotografías versarán sobre calquera aspecto relacionado coas Festas do Cristo 2010 e como son vividas polas porriñesas e os porriñeses.
2           PARTICIPANTES:
Poderán participar todas as persoas que o desexen, sen diferenciación de idades.
3           FOTOGRAFÍAS:
Cada participante poderá presentar ata un máximo de cinco fotografías. As obras deberán ser orixinais, inéditas e non ter sido premiadas nin recoñecidas ou seleccionadas noutros certames.
As fotografías presentaranse en papel fotográfico, cun tamaño de 18-20 X 24-25 cm, e pegadas sobre unha cartolina negra que teña como referencia o tamaño DIN A-4. Presentarase tamén unha versión en formato dixital (Tiff o Jpeg), a 300 ppp como mínimo e resolución mínima de 800x600 píxel.
4           FORMA DE PRESENTACIÓN:
Cada fotografía levará escrito no seu dorso:
Pseudónimo, que deberá ser común para todas as obras da mesma autoría.
Título, de cada unha das fotografías.
Acompañará a cada unha das fotografías presentadas un sobre pequeno pechado que levará escrito no seu exterior: o pseudónimo do autor e o título da obra. No seu interior incluírase a seguinte documentación:
Nome completo de quen participa, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico (opcional) e fotocopia do DNI, tarxeta de residencia, ou outro documento de identidade.
As copias dixitais das fotografías entregaranse en formato cd-rom. Só é necesario 1 cd-rom por participante, cada arquivo dixital será nomeado co título da fotografía, e o cd-rom se rotulará no exterior co pseudónimo do concursante.
As fotografías, os sobres pequenos, e os cd-rom de cada participante entregaranse todo xunto dentro dun sobre grande pechado, no que constará o texto IV Concurso fotográfico “Festas do Cristo 2010”, e o pseudónimo do autor.
5           LUGAR E PRAZO DE ENTREGA :
As fotografías entregaranse nas oficinas do Centro Cultural Municipal en horario de 9:00 a 21:00 h. de luns a venres ata o prazo máximo do 15 de outubro.
6           XURADO E FALLO:
O xurado estará formado por varias persoas do ámbito da Fotografía e das Artes Plásticas, ademais dunha persoa en representación do Concello do Porriño que exercerá de secretario/a sen voto. O fallo do xurado comunicarase ás persoas gañadoras por teléfono ou correo electrónico, e darase a coñecer nos medios de comunicación.

7           PREMIOS:

Concederanse os seguintes premios:
-          Un 1º PREMIO de trescentos euros (300 €),
-          un 2º PREMIO de douscentos euros (200 €),
-          e un 3º PREMIO de cen euros (100 €).
O importe dos premios estará suxeito á retención recollida na normativa fiscal vixente. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios ou os tres por falla de calidade nos traballos, así como conceder mencións especiais, que non terán retribución económica.
8           EXPOSICIÓN:
Realizarase unha exposición coas fotografías presentadas a concurso no Centro Cultural Municipal en datas por determinar nos meses de outubro e novembro de 2010. Ademais publicarase unha exposición virtual na páxina web www.concellodoporrino.net
9           DEREITOS DE IMAXE:
O Concello do Porriño non se responsabiliza da posible violación dos dereitos de imaxe e de intimidade das persoas que aparezan nas fotografías. Será responsabilidade dos autores e autoras pedir a oportuna autorización no momento da toma.
10       DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS PREMIADAS:
De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, a AUTORA ou AUTOR das fotografías premiadas, sen perxuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ao Concello do Porriño co carácter de exclusiva e coa facultade de cesión a terceiras persoas, os dereitos patrimoniais de explotación das fotografías gañadoras.

11       OBRAS NON PREMIADAS

A presentación dunha fotografía a este concurso conleva a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso, especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos exposicións, catálogos e páxinas web.
Do mesmo xeito todas as fotografías que se presenten a este concurso pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo Municipal da Imaxe, pudendo ser incluídas na súa base de datos coa finalidade de consulta. Para calquera outro uso que non sexa ningún dos aquí especificados consultarase  coas autoras e autores. A organización comprométese a respetar os dereitos morais derivados da autoría.
As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición das persoas participantes, sempre pola súa conta, logo de pasados dous meses do fallo do xurado e ata o 31 de xaneiro de 2011. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.
12       ACEPTACIÓN DAS BASES:
A participación neste concurso supón a total aceptación destas bases. O xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.
Máis información na web www.concellodoporrino.net

Porriño, agosto de 2010.






No hay comentarios: