Todas as persoa que aínda non visitaron a mostra "Historia da Coral Polifónica do CRC" terán a oportunidade de facelo ata o día 29 de xaneiro. A exposición, organizada polo Concello do Porriño a través do Arquivo Municipal da Imaxe en colaboración co Círculo Recreativo Cultural, realiza un repaso aos 50 anos de historia da coral porriñesa e da figura do seu director, Antonio Paz Valverde, a través de varios paneis con textos, fotografías, partituras e documentos hemerográficos. A mostra compleméntase cunha peza audiovisual na que interveñes algunhas persoas vencelladas a historia desta agrupación, e con obxectos e vestimenta pertencente ás distintas etapas de vida da Coral.
Pódese visitar no salón de actos do Círculo Recreativo Cultural.
13/1/10
30/11/09
Inaugurouse a exposición "Historia da Coral Polifónica do CRC"


Etiquetas:
coral,
exposicións,
música,
Paz Valverde
13/11/09
O Arquivo da Imaxe prepara unha nova exposición con motivo do 50 Aniversario da Coral

FOTO: Coral Polifónica do CRC cara 1969. Autor s/i (Foto Pako?
A CORAL. 50 ANIVERSARIO DA SÚA FUNDACIÓNBaixo este título, o Concello do Porriño en colaboración co Círculo Recreativo Cultural traballan na programación dunha serie de actos conmemorativos co fin de lembrar e recoñecer o labor da Coral Polifónica do CRC e do seu director, o músico e compositor Antonio I. Paz Valverde; unha das figuras máis relevantes na traxectoria histórico-musical do noso concello, e unha personaxe clave na historia do canto coral en Galicia.
O Arquivo da Imaxe tamén se suma a esta celebración coa preparación dunha mostra retrospectiva titulada A Historia da Coral Polifónica do CRC, que se inaugurará o veindeiro 27 de novembro ás 20:00 h., e que permanecerá até o 29 de decembro no salón de actos do Círculo Recreativo Cultural.
A exposición estará composta por unha serie de paneis onde se narran os momentos máis significativos da historia da agrupación coral do Porriño a través de textos, imaxes fotográficas, documentación hemerográfica, programas de actuacións, correspondencia, partituras e uotro tipo de documentos. A mostra complementarase coa presencia de obxectos e documentos orixinais, e proxectarase un audiovisual con imaxes históricas da Coral.
Os textos da exposición foron elaborados por Xosé Ramón Paz Antón, coñecido estudoso da traxectoria musical do noso municipio, que ven de publicar o libro Bandas, Músicos e Orquestras do Porriño. As imaxes e demais documentación son froito da recollida levada a cabo polo Arquivo da Imaxe, na que participaron moitas persoas vencelladas á polifónica aportando fotos e outros documentos que conservaban nas súas casas.
Ademais da exposición, o Arquivo lev
ou a cabo nos últimos meses un traballo de dixitalización e catalogación da obra do compositor A. Paz Valverde, a partir das partituras que o propio autor proporcionou ao AMI. Un traballo que podería ser editado nun futuro próximo co fin de dar unha maior difusión á obra (tan demandada) do compositor porriñés.A. Paz Valverde visto polo pintor porriñés Antonio F. Valverde
para a revista Acougo
Etiquetas:
coral,
exposicións,
música,
Paz Antón,
Paz Valverde
29/10/09
Xa temos gañadores!!
Onte tivo lugar a inauguración da exposición das fotografías presentadas ao concurso fotográfico "As Festas do Cristo 2009", organizado polo Arquivo Municipal da Imaxe e a Oficina de Información Xuvenil do Concello do Porriño. No acto, a concelleira de Mocidade Miriam Martínez Troncoso, deu a coñecer o nome dos gañadores e das fotografías premiadas que son as seguintes:
O PRIMEIRO PREMIO, dotado con 400 €, foi para a fotografía titulada "Ti" de Patricia Rodríguez Botana:
O SEGUNDO PREMIO, dotado con 200 €, foi para otraballo titulado "Lume" de Francisco Bermejo Lazare:

O TERCEIRO PREMIO, dotado con 100 €, foi para a foto titulada "Festa" de Ernesto Herrero Rodríguez:

NORABOA AOS TRES!!!
A exposición cos traballos presentados permanecerá no Centro Cultural Municipal ata o 19 de novembro. Tamén podedes ver as fotos na exposición virtual que está colgada na páxina web do Arquivo Municipal da Imaxe, accedendo a través do vínculo que aparece neste blog á dereita.
Moitísimas grazas a todas e todos os que participástedes!
Vémonos o ano que ven!
Fotos tomadas onte, durante o acto de inauguración.
21/10/09
Xa podedes ver as fotos presentadas ao concurso "As Festas do Cristo 2009"
O pasado día 16 de outubro rematou o prazo para presentar as fotografías aspirantes a gañar os tres premios que este ano se reparten na III edición do Concurso fotográfico "As Festas do Cristo". Nesta edición presentáronse 14 persoas con un total de 41 traballos. Se queredes ir vendo as fotos que optan aos premios, xa temos unha galería preparada na nosa páxina web. Podedes acceder directamente premendo no link que aparece na parte dereita deste blog.
A exposición "física" inaugurarase o mércores 28 de outubro ás 20:00 h. na sala de exposicións do Centro Cultural Municipal do Porriño. O día da inauguración procederase tamén á extrega de premios. Estades convidados!
Moita sorte a todas e todos os participantes!!!!
A exposición "física" inaugurarase o mércores 28 de outubro ás 20:00 h. na sala de exposicións do Centro Cultural Municipal do Porriño. O día da inauguración procederase tamén á extrega de premios. Estades convidados!
Moita sorte a todas e todos os participantes!!!!
Etiquetas:
concurso fotográfico,
exposicións,
Festas do Cristo
2/10/09
Últimos días para realizar fotos sobre as Festas do Cristo
Ás persoas que queiran aspirar a gañar algún dos tres premios que que se ofrecen na terceira edición do concurso fotográfico "As Festas do Cristo" aínda teñen uns días para realizaras súas últimas fotografías. O Arquivo Municipal da Imaxe e a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño, organizadores deste evento, queren lembrarlles aos posibles participantes que os actos festivos rematan este domingo día 4 de outubro. Mentres tanto, quedan moitas actividades que fotografar dentro da programación festiva: animación de rúa, teatro, concertos, orquestras, o Torneo de Pincha, a Festa dos Callos ou a Festa da Bicicleta. Ademais, agárdase unha fin de semana con moito ambiente festivo, como xa ocorreu a fin de semna pasada na que as rúas estiveron ateigadas de xente, o que sempre propicia que se poidan obter unhas boas fotos. As tres mellores instantáneas serán premiadas con 400, 200 e 100 €. O prazo de presentación finaliza o vindeiro 16 de outubro.
Animádevos a participar!
Hai moitas fotos na rúa agardando a que as fagades ...
Para máis información consultade as bases nunha entrada anterior neste blog, ou na nosa páxina web na sección "novas" no apartado "Arquivo":
www.arquivodaimaxedoporrino.net
Moita sorte a todas e todos!!
Estas son algunhas das imaxes presentadas na edición 2008:

Foto: Patricia Rodríaguez Botana
Foto: Alfonso Troitiño Rozados

Foto: Susana Pérez Feijóo

Foto: Mónica García Rodríguez
Etiquetas:
concurso fotográfico,
Festas do Cristo
16/9/09
O alcalde, Raúl Francés, inaugurou onte a exposición "Carracido en Fotos"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
