Rúa Domingo Bueno, 9.
Centro Cultural Municipal.
36400 - O PORRIÑO.
Tlf: 986 337 624 Fax: 986344235.
E-mail: ami@centroculturalporrino.com
30/11/09
Inaugurouse a exposición "Historia da Coral Polifónica do CRC"
Numeroso público asistiu o pasado venres 27 de novembro á inauguración da mostra retrospectiva sobre a Coral. No acto interviron a presidenta do C.R.C., Mª José Giráldez; o investigador, X. R. Paz Antón; o Alcalde en funcións, Pedro Pereira; e o que foi e segue a ser director da Coral desde a súa fundación, Antonio I. Paz Valverde, que agradeceu emocionado a celebración destes actos conmemorativos. A exposición permanecerá no salón de actos do Círculo recreativo Cultural até o 29 de decembro de 2009. Deixámosvos no blog algunhas fotos tomadas o día da inauguración.
O Arquivo Municipal da Imaxe naceu no ano 2004 como unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello do Porriño. Desde entón estamos traballando no labor de rescate e posta en valor do noso patrimonio fotográfico. A misión do Arquivo da Imaxe é a de coñecer, recuperar, protexer, organizar e divulgar á cidadanía a documentación en imaxe existente no noso municipio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario