FOTO MAGNO
FOTO RAMIRO
O Arquivo Municipal da Imaxe está colaborando coa Policía Local do Porriño nunha recollida de fotografías e documentación sobre a historia deste colectivo, que conta xa con máis de 95 anos de antigüedade no noso municipio. Na recollida están participando axentes da Policía Local actual, gardas municipais xubilados e familiares dos gardas falecidos. Ao mesmo tempo a Policía Local fai un chamamento a todos os familiares de antigos gardas municipais a que se poñan en contacto con eles para intentar elaborar un censo con todas as persoas que pertenceron a este corpo de seguridade municipal. As labouras de investigación non son doadas pola pouca documentación que se salvou do incendio do Arquivo Municipal no ano 1976, así que toda a documentación que poidan aportar os familiares de policías será moi útil para os traballos de investigación. Co material recollido estúdase levar a cabo algún proxecto de difusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario