Cuberta do libro Bandas, músicos e orquestras do Porriño
O pintor e músico porriñés Xosé Ramón Paz Antón ven de presentar o seu último libro
Bandas, músicos e orquestras do Porriño, editado na colección Historias Gráficas da editorial A Nosa Terra, e que supón unha importante aportación a musicoloxía galega. O libro é o resultado do traballo de investigación que Paz Antón ven realizando desde hai varios anos sobre a traxectoria musical do noso municipio. Segundo as palabras de Paz Antón "os distintos directores e músicos van desfilando polas páxinas desta publicación amosando ao mesmo tempo unha panorámica da historia local vencellada aos aspectos sociais e festivos da comunidade".

A publicación conta ademais coa colaboración do Arquivo Municipal da Imaxe a través da cesión de máis de 70 fotografías pertencentes aos nosos fondos.
Desde o Arquivo da Imaxe queremos agradecer ao autor a súa contribución á recuperación da memoria histórica do Porriño como xa fixo co seu anterior traballo
O Porriño. 1936., e felicitalo por esta nova publicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario